EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A 58ª Feira do Viño do Ribeiro será a finais de maio e terá un formato híbrido

Nel combinarase un completo e variado programa de actividades presencias con aforo reducido e controlado, tal e como adianta a organización

Imaxe dunha edición anterior da Feira do Viño do Ribeiro.

 

A 58ª edición da Feira do Viño do Ribeiro (FVR) mudará as súas datas tradicionais de celebración a primeiros de maio para pasar a desenvolverse na derradeira fin de semana do mes de maio, os días 28, 29 e 30 de maio de 2021. Así o vén de anunciar a súa organización, en mans do Concello de Ribadavia e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Este ano, debido á situación sanitaria derivado do Covid-19, a principal novidade será a celebración da FVR nun formato “híbrido”, na que se combinará un completo e variado programa de actividades presencias con aforo reducido e controlado, as cales se darán a coñecer máis adiante, cunha aplicación de internet na que se terá toda a información tanto das adegas e colleiteiros participantes como da programación. Varias destas accións serán retransmitidas a través da aplicación para que calquera persoa, independentemente do lugar do mundo no que se atope, poda seguir e coñecer o que se leva a cabo na FVR.

A organización pretende ser pioneira, “unha vez máis, dentro dos eventos enoturísticos e gastronómicos, ao lanzar esta aplicación e empregar as novas tecnoloxías para dinamizar a Feira do Viño do Ribeiro e tratar de poñer en valor o traballo e o viño das adegas e colleiteiros do Ribeiro.
Tendo a conta as restricións sanitarias e de seguridade que nos afectan a todos nestes intres, tanto o Concello de Ribadavia como o CRDO Ribeiro traballan para que se cumpran todas as medidas esixidas polas autoridades competentes en materia de hixiene e seguridade. Todos os acesos e aforos das actividades presenciais estarán controlados, sinalizados e debidamente revisados e desinfectados, a través dun meticuloso plan de protocolo de actuación o cal xa se está a estudar e planificar”, aseguran os promotores da mostra.

Por outra parte, xa está aberto o prazo de inscrición para que todas as adegas e colleiteiros interesados se anoten para participar na 58ª Feira do Viño do Ribeiro, prazo que finalizará o venres día 30 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button