EconomíaEconomíaViticultura

A 59ª Feira do Viño do Ribeiro recuperará as súas datas e formato habituais

Terá lugar os días 29, 30 de abril e 1 de maio, volvendo ao formato presencial de sempre na Alameda de Ribadavia

Imaxe: CRDO Ribeiro.

 

A 59ª Feira do Viño do Ribeiro celebrarase os días 29 e 30 de abril e o día 1 de maio de 2022 e volverá ao seu formato de sempre no recinto da Alameda de Ribadavia, e tamén as súas datas de sempre. Así o vén de anunciar a organización desta mostra, en mans do Concello de Ribadavia e do CRDO Ribeiro.

Onte tiña lugar a primeira xuntanza con adegas e colleiteiros no Concello de Ribadavia, a quen se lles trasladou o formato, datas e prazos para esta nova edición da Feira do Viño do Ribeiro, así como a apertura do prazo de inscrición para adegas e colleiteiros ata o vindeiro xoves 10 de marzo ás 14.00 h.

“A previsión de participación é moi positiva para esta edición, despois de dous anos sen poderse celebrar a causa da pandemia. Así, nin en 2020 nin en 2021 foi posible a celebración da Feira do Viño do Ribeiro de forma presencial e aberta”, asegura a organización que tamén adianta que “nos vindeiros días daranse a coñecer máis novidades e información sobre o evento, así como o cartel”.

Artigos relacionados

Back to top button