DeportesÚltima hora

A 6ª Andaina de San Xoán, entre as actividades deportivas do Concello do Barco para os próximos meses

O concelleiro de Deportes vén de presentar o programa de eventos deste tipo previstos neste municipio, ademais de valorar a actividade das escolas deportivas

 

Multitude de propostas forman parte da programación deportiva, organizada tanto por clubs como polo Concello do Barco, que se desenvolverá nos próximos meses neste municipio. Esa oferta vén de reunirse nun folleto que o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, presentaba esta semana ante os medios de comunicación.

A cita máis inmediata promovida polo Concello será a 6ª Andaina Popular Noite de San Xoán, que se celebrará na noite do 23 de xuño, cun circuíto para nenos (con saída ás 21h.) e outro para os adultos (con saída ás 21:30h.), con saída dende Viloira.

 

 

“Nas actividades deportivas tanto de clubs como do propio Concello volvemos a un calendario moi semellante ao que tiñamos prepandemia. Os clubs regresan con moita actividade e programación e nós volvemos ofertar que as disciplinas que xa tiñamos nas escolas deportivas tanto para nenos como para adultos”, dicía o edil de Deportes do Barco.

Así mesmo daba a coñecer os datos das escolas deportivas desta tempada 2022/23, que está a piques de rematar. “En deporte base houbo 725 nenos, que están repartidos nos diferentes clubs, no resto de escolas deportivas nas que non hai clubs, como ximnasia rítmica ou zumba, tiñamos 105 nenos, o que supón un total de 830 nenos no deporte base. E logo nas actividades para adultos, 403. En total 1.233 persoas dentro desas actividades”.

Alonso valoraba de maneira moi satifactoria a actividade deportiva que se desenvolve no Barco e destacaba a súa importancia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button