AutomobilismoDeportesÚltima hora

A 7ª edición do RallyeMix de Barbadás reunirá a 49 equipos esta fin de semana

Asistentes á presentación do RallyeMix Barbadás 2021.

 

O acto de presentación da sétima edición do RallyeMix Barbadás que se celebrará esta fin de semana, tiña lugar na mañá deste xoves 14 de outubro no exterior da Casa do Concello de Barbadás coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, delegado de Deportes da Xunta, Manuel Pérez, o tenente da Garda Civil, o responsable do comité organizador, Pepe Sampayo, o presidente da Escudería Barbadás, Julio Bouzo, presidente de protocolo Rallye Princesa de Asturias e Ourense e Juan Carlos Villanueva “Marabú”, patrocinador e impulsor do evento deportivo. Tamén estiveron a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza e o concelleiro de Deportes, Abel Cortés

Pepe Sampayo, responsable do comité organizador, explicou que “despois de un ano de parón, retomamos o RallyeMix en Barbadás, a proba que é a decana dos RallyeMix existentes en Galicia, segue mantendo a súa tradición e respecta o tramo que tíñamos pensado, coa única variante de que invertimos o percorrido e modifícase un pouco a saída”. O tramo segue comezando en asfalto, muda a terra, e volve rematar en asfalto. Sampayo resalta que “seguimos mantendo os mesmos patrocinadores e os mesmos organismos colaboradores dende o primeiro ano, no que estamos eternamente agradecidos e felices de contar con eles”.

As xornadas do Rallye serán o sábado 16 (póla mañán e póla tarde) e o domingo 17 póla mañá, en tanto que a entrega de premios será o domingo ás 13:30 horas. Segundo a organización “agardamos que sexa unha boa fin de semana de carreiras, tranquila e sen incidencias”.

 

A tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza.

 

Abel Cortés, concelleiro de Deportes, asegurou “estar moi orgullosos coa representación que nos da no Concello este evento, de feito e o primer evento importante que temos no concello despois da situación vivida pola pandemia, temos a tranquilidade polo nivel da organización e da loxística disposta todos os anos para o RallyeMix.

Victoria Morenza, tenente de alcalde, sinala que “é un orgullo para o Concello de Barbadás volver contar coa presenza de este evento tan importante que reúne a tantos afeccionados/as. Nesta 7ª Edición son moitas as persoas, os empresarios, as forzas de seguridade implicadas e o esforzo de todos vaise ver un ano máis, xenerar esa ilusión deportiva despois de un ano de non terse celebrado. Do que se trata é de que sexa un foco de proxección a nivel non só de Galicia, senón de España e de Portugal. Morenza transmitiu os agradecementos en nome do concello de das persoas que realizan un seguemento do evento a Marabú, Pepe Sampaio, as forzas de seguridade: Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e a todas esas persoas que conseguen ilusionar a tanta xente e que conseguen tamén poñer a Barbadás no mapa deportivo, atraendo cada ano mais persoas e xenerando riqueza na economía local do concello.

 

 

Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación, agradeceu “a todos os medios presentes, o que nos indica que este acontecemento é froito de esa palabra fetiche que sempre decimos na Diputación de Ourense unha cooperación institucional, xa que aquí están presentes o Concello de Barbadás, O Inorde, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, representada por Manuel Pérez, delegado de Deportes en Ourense”. Fernández destacou “a colaboración interinstitucional tamén para facer posible un Rallye decano e dos puntuables para o Campeonato Galego e faise posible aquí en Barbadás, con ese ánimo de descentralizar xa que Ourense provincia está enraizada co automobilismo, co motor”.

Marabú, como patrocinador e impulsor do rallye,asegura “estar moi orgulloso de promover a sétima edición, as seis anterior saliron moi ben, e ísta non vai ser menos”. Amosou “o meu agradecemento ás colaboracións, aos patrocinadores, xa de despois de tantos anos seguen mantendo a ilusión a pesar de que as cousas sabemos que non son fáciles e, sen embargo eles e elas seguen aí”. Marabú tamén agradeceu “a presencia e apoio a este evento aos medios de seguridade, Guardia Civil, Protección Civil, Policía Local e un gran equipo de xente que está presente tamén, sendo case imposible nomealos a todos”.

Artigos relacionados

Back to top button