
Este 2024 está a ser un ano intenso e moi positivo para a Academia de Danza Bayadère no Barco, con premios en diferentes certames; e a participación no programa das Festas do Cristo cunha exhibición dos grupos de baile gañadores dalgúns deses premios na praza do Concello, prevista para o venres 13 de setembro ás 20:15 horas. E este á tamén o ano no que cumpre dez anos no Barco de Valdeorras.
Para celebrar o 10º aniversario e tamén que a xente coñeza o local (rúa Curros Enríquez Nº 2) e o traballo que alí levan a cabo, este venres 6 de setembro terán unha xornada de portas abertas (de 18 a 19:30 horas), seguida dunha festa de aniversario, con tarta incluída e tamén photocall (de 20 a 22h.), para “todos os que formedes ou teñades formado parte da nosa historia”, convida a directora e profesora Nuria Regueira.



