CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A actuación do equipo de competición de Bayadère Danza (O Barco) no certame ‘Vigo Porté 2023’, en imaxes

Lograban dous cuartos postos e tamén un quinto

 

A finais de abril o Auditorio Mar de Vigo, na cidade olívica, acollía a 11ª edición de ‘Vigo Porté’, o evento internacional de disciplinas de baile que contaba co equipo de competición da academia Bayadère Danza do Barco de Valdeorras que participaba con tres bailes logrando moi boa puntuación.

 

Dúo urbano.

 

Dirixidas pola profesora, Nuria Reguera, en musicais as rapazas de Valdeorras lograban o quinto posto en categoría mini; en danza urbana conseguían o cuarto posto en categoría infanrtil; e en urbano dúos tamén a 4ª posición en categoría junior.

 

Musicais.

 

Entre os membros do xurado presidido por Poti, que valoraron a actuación das bailarinas do Barco, asegurando que tiñan “flow” estaba o actor Christian Sánchez (Johnny Castle no musical Dirty Dancing) e o músico e bailarín David Campos.

Malia non facer podio, a boa actuación das rapazas e o resultado do trofeo enorgullece á profesora que asegura estar “moi contenta”.

Fotos: Vigo Porté.

Artigos relacionados

Back to top button