ConcellosEn portadaSoberÚltima hora

A Adega Frieira inaugura a XLIII Feira do Viño de Amandi, en Sober

 

Co tradicional corte de bacelos abríase de xeito oficial ao público a XLIII Feira do Viño de Amandi, que se celebra nesta fin de semana en Sober, recuperando o seu programa e as súas datas habituais, coa novidade de ampliar unha xornada máis a a súa duración. Este acto inaugural corría a cargo nesta ocasión da Adega Frieira, en lembranza de Ramón Fernández Fernández.

Para a presente edición están inscritas 23 adegas da subzona de Amandi, cuxos viños se poderán degustar ata o 2 de abril en Sober, acompañados dun completo programa de actos onde tamén cobrará protagonismo a música.

XLIII Feira do Viño do Amandi-Programa

Venres 31 de marzo

-Ás 20:00 horas. Inauguración a cargo da Adega Frieria de Vilachá de Doade, en lembranza de Ramón Fernández Fernández.
-Ás 20:30 horas. Actuación dun grupo de música tradicional
-Ás 22:30 horas. Actuación da Charanga Festicultores Troupe.

Sábado 1 de abril
-Ás 11:00 horas. Apertura de stands.
-Ás 12:00 horas. Actuación do Grupo de Música Tradicional Rechouchíos de Taboada.
-Ás 17:00 horas. Comezo da Precata Oficial.
-Ás 18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.
-Ás 20:00 horas. Actuación da Charanga Louband de Sarria.
-Ás 23:00 horas. Actuación de Gin Tonic’s na Praza do Concello.

Domingo 2 de abril

-Ás 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
Ás 11:30 horas. Comezo da Cata Final Oficial.
Ás 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 13:00 horas. Pregón.
-Ás 13:30 horas. Entrega de Premios.
-Ás 17:30 horas. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19:30 horas. Baile coa orquestra La Oca Band.

 

 

Adegas participantes

A MAN DE PRADO BOLMENTE
ALGUEIRA FRANCOS-DOADE
BARBADO PROENDOS
CIVIDADE OUTEIRO-BOLMENTE
CRUCEIRO VILACHÁ-DOADE
DON BERNARDINO CIMA DE VILA-BROSMOS
ESTRELA VILACHÁ-DOADE
FINCA CUARTA OUTEIRO-PROENDOS
GUÍMARO SANMIL-BROSMOS
GULLUFRE A AIREXA-LOBIOS
LUCENZA CORVELLE-PROENDOS
MALCAVADA ROSENDE
MARCELINO I A CARQUEIXA-PROENDOS
PETRÓN DOADE
PROENCIA SANXILLAO-PROENDOS
RECTORAL DE AMANDI AMANDI
RECTORAL DE GUNDIVÓS A AIREXA-GUNDIVÓS
REGINA VIARUM DOADE
SOUTELO LAMAS-BULSO
TEAR SUAIREXA-FIGUEIROÁ
VAL DA LENDA CANTON-AMANDI
VIÑA FRIEIRA VILACHA-DOADE
VIÑA PEON O BARRIO-FIGUEIROÁ

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button