EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A adega valdeorresa Godeval enceta a súa vendima máis temperá con grandes expectativas

Foto: Cedida.

 

A adega valdeorresa Godeval, con sede en Xagoaza (O Barco), iniciaba o 22 de agosto, unha nova campaña de recollida da uva. Esta será a súa vendima número 37 e a máis temperá da historia da adega, superando á do ano pasado que foi o 23 de agosto e no 2020 que empezaron o 24 deste mes. Co paso dos anos o cambio climático faise máis evidente e cada vez a adega empeza vendima máis temperán.

Desde a adega indican que a vendima do 2023 preséntase como unha colleita de cifras óptimas e de grandes expectativas. E iso “non só polo incremento de produción na recolección, respecto ao ano pasado, senón que esta vese apoiada por un grao de maduración moi equilibrado, onde se harmonizan de forma inmellorable os parámetros analíticos da uva de godello, acidez, pH, azucres e compoñentes aromáticos. Todo vaticina que será unha anada que perdurará na memoria, e en especial, pola súa máis que previsible alto potencial para a garda”, indican dende Godeval.

Os vendimidores abriron vendima na finca Pancho (O Barco) e está previsto que durante uns 10 días se colleiten máis de 160.000 quilos de uva (cantidade recollida en 2022) nunhas 27 hectáreas de viñedo propio de godello. A adega conta este ano con novos viñedos que entran en produción.

Artigos relacionados

Back to top button