SanidadeÚltima hora

A AECC en Ourense pide que os tumores cunha supervivencia menor ao 30% e os pouco frecuentes teñan unha investigación do 100%

Esta entidade organizará unha serie de actos en diferentes puntos da provincia con motivo do Día Mundial da Investigación en Cancro

 

Con motivo do Día Mundial da Investigación en Cancro a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense desenvolverá durante os próximos días unha serie de accións para poñer o foco, de xeito especial, “nos tumores con baixa supervivencia e nos cancros pouco frecuentes, visibilizando así, a realidade á que se enfrontan pacientes e familiares”.

O obxectivo, engade a entidade, “é continuar traballando para conseguir a equidade en investigación e así, conseguir que tumores con supervivencia menor ao 30% e os pouco frecuentes teñan unha investigación ao 100%”.

O acto máis destacado será  a retransmisión do evento nacional na sede provincial da Asociación ás 10.30 horas do 23 de setembro en Madrid, na rúa Doutor Marañón, 21 – baixo. O acto debaterase sobre a inequidade no acceso aos resultados de investigación e a necesidade de que tumores pouco frecuentes e de baixa supervivencia se investiguen o suficiente. No acto participarán investigadores, pacientes, familiares e representantes de entidades relacionadas coa investigación oncolóxica en España.

Tamén se poderá seguir vía streaming a través da canle de Youtube da Asociación Española Contra o Cancro.

Os días correspondentes coas accións para desenvolver na provincia de Ourense serán os seguintes:

Xoves, 22 de setembro:
• Mesa informativa da campaña en Rúa Paseo, Ourense.
• Lugar: Rúa Paseo – Altura de H&M.
• Horario: De 11h a 13:30h e de 17h a 19h.

• Mesa informativa da campaña en Hospital Público no Barco de Valdeorras.
• Lugar: Hospital Público no Barco de Valdeorras.
• Horario: 10h a 12h.

• Mesa informativa da campaña en Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
• Lugar: Hall Edificio Cristal.
• Horario: De 10h a 13:30h.
• Hora foto institucional xerencia CHUO: 13:30h.

• Acto de entrega do conto “A historia de Liño, o Centrosaurio” na Aula de pediatría do CHUO (Este conto está dirixido a pequenas e pequenos investigadores, para que descubran o marabilloso que é a ciencia e a importancia do traballo en equipo).
• Lugar: Aula de pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
• Hora: 13:30h.
• Acompañamento: Xerente CHUO.

Venres, 23 de setembro:
• Acto de entrega do conto “A historia do Liño, o Centrosaurio” na Biblioteca Pública de Ourense (Este conto está dirixido a pequenas e pequenos investigadores, para que descubran o marabilloso que é a ciencia e a importancia do traballo en equipo).
• Lugar: Biblioteca Pública de Ourense.
• Hora: 10h.

• Inauguración da exposición de investigación “50 anos cambiando a historia do cancro” na Biblioteca Pública de Ourense.
• Lugar: Biblioteca Pública de Ourense.
• Hora: 10h.

• Acto de retransmisión do evento nacional na sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
• Horario: de 10:30h a 12:30h.
• Lugar: Cale Doutor Marañón, 21 – baixo.

• Inauguración da exposición de investigación “50 anos cambiando a historia do cancro” en Ribadavia.
• Lugar: Iglesia Santa María Magdalena en Ribadavia.
• Hora da inauguración: 13h.

• Mesa informativa da campaña en Verín.
• Lugar: Rúa Lisa (enfronte Modas Rosi).
• Horario: De 10h a 13:30h.

• Mesa Informativa da campaña no Centro de Saúde da Rúa.
• Lugar: Centro de Saúde A Rúa
• Horario: de 10h a 12h.

Luns, 26 de setembro:
• Inauguración da exposición de investigación “50 anos cambiando a historia do cancro” en Cenlle.
• Lugar: Biblioteca Municipal de Cenlle.
• Hora da inauguración da exposición: 12h.

Artigos relacionados

Back to top button