OurenseÚltima hora

A Agrupación FotoSíntese coordina as III Xornadas de Etnobotánica e imaxe máxica

Será o 20 de xullo na Fundación Vicente Risco

 

A fundación Vicente Risco acolle as “III Xornadas de Etnobotánica e imaxe máxica” en coordinación coa Agrupación FotoSíntese, coa colaboración do Festival Internacional de Xardíns de Allariz e a Universidade de Barcelona que se celebrarán o 20 de xullo.

Tal como explican dende a Agrupación, esta edición pretende establecer unas bases para estudo vivencial da paisaxe. “Partindo da contorna do río Arnoia e utilizando diferentes procedimentos experimentais de captación fotográfica, e hibridacións ca pintura e o debuxo. Farase un mapeado de gran formato, recollida e extracción de rexistros visuais con técnicas híbridas: fotografía sen cámara, cianotipia, lumenprint, xelatina de prata, frottage, e cámara estenopeica de gran formato”.

 

 

A coordinación das Xornadas están a cargo dos profesores da Facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona, Ramón Casanova Fernández, Natalia Castañeda Arbeláez e Fruela Alonso Blanco, da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

A participación está aberta a ata 15 persoas interesadas na natureza, nos procesos fotográficos experimentais ou nos procesos de traballo colaborativo. A inscripción é de 100 euros incluíndo todos os materiais. Para inscribirse escribe a fotosintesisourense@gmail.com. O horario de celebración é de 10 a 13 e de 14 a 20 horas.

Artigos relacionados

Back to top button