A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) ten activada para este luns 7 de decembro un aviso amarelo por vento en toda a provincia de Ourense e por neve na montaña ourensá. Así, ata ás 20h. desta tarde espéranse rachas máximas de ata 90 km/hora de vento do oeste nas zonas de montaña, mentres que no resto da provincia a previsión é de 70 km/h.
Ademais na montaña ourensá a AEMET prevé unha acumulación de neve de 112 cm en 24 horas por riba dos 900-1.000 metros. Neste caso a alerta amarela tamén está activada para o martes 8 de decembro.