
As Seleccións Galegas Sub12 masculina e feminina poñen hoxe rumbo a Madrid para disputar o XXIX Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas de Fútbol 8, categoría alevín, un evento que se disputará entre o 24 e o 26 de xuño en Madrid coa participación dun total de 37 seleccións (19 masculinas e 18 femininas), entre as que estará Galicia.
E entre as 14 xogadoras elixidas pola seleccionadora Vicky Vázquez para afrontar a cita nacional feminina está a xogadora do CD Rúa, Iris Acevedo Blanco.
Nesta nova edición do campionato de España Galicia disputará todos os seus encontros no campo de Valdebernardo. Encadrado no grupo A xunto a Ilas Baleares, Canarias, Navarrra e Asturias, a selección feminina xogará o seu primeiro partido contra Navarra, mañá, venres 24 de xuño, ás 9 horas.