Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A “Andaina&Trail de Outono” do Barco reúne a uns 150 participantes

No caso da carreira, Jesús Rodríguez impoñíase en veteranos e Raúl Delgado en sénior, ambos coa mesma marca

 

A néboa acompañaba aos participantes na “Andaina& Trail de Outono polas terras do Barco de Valdeorras”, que tiña como punto de partida e meta a vila do Castro na mañá deste domingo 14 de novembro. Deste xeito o Club Peña Trevinca Barco recuperaba neste novembro unha cita interrompida no 2020 por mor da pandemia do Covid.

Os deportistas comezaban a concentrarse na zona a partir das 8:30h., onde desfrutaban dun café quentiño acompañado de bica de Manzaneda. Os primeiros en tomar a saída eran os andaríns, ás 9:30h. En total eran cen os camiñantes, que realizaban unha saída escalonada, de 10 en 10, para cumprir dese xeito coas medidas anticovid.

 

 

Tras saír do Castro a ruta continuaba por Outarelo, Nogaledo, Forcadela, Reporicelo, Xagoaza e volvendo de novo ao Castro. Eran uns 15 km, cun desnivel acumulado total dun 1.300 m. Este mesmo percorrido facíano, xa ás 10:30 para os corredores do Trail. Neste caso era medio cento, sendo o dorsal número 1 para o barquense Jesús Rodríguez León, como homenaxe polo seu recente título mundial máster en piragüismo.

Este padexeiro facíase ademais co primeiro posto do trail en veteranos, sendo o ganador sénior Raúl Delgado, co mesmo tempo que Rodríguez León, 11:00:00. O subcampión sénior era Adrián Fernández, sendo o terceiro posto para Pedro González. Na categoría veteranos o segundo lugar da proba correspondíalle a Luis Ángel Álvarez e o terceiro a Álvaro Miguel.

En categoría feminina, o mellor resultado do trail conseguíao Esther Márquez, Elena Domínguez quedaba segunda e Grit Hagen, terceira.

Coa organización colaboraban agrupacións de Protección Civil de diferentes concellos para velar pola seguridade durante o desenvolvemento da proba.

Fotos: O SIL, agás as 12 últimas da galería cedidas polo Club Peña Trevinca Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button