CulturaCulturaEducación

A ANPA do CEIP Xosé M. Folla Respino organiza o Magosto e o Samaín, o 31 de outubro e 1 de novembro, en Vilamartín

Magosto e Samaín. Son as dúas actividades que o ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino organiza para a vindeira semana en Vilamartín de Valdeorras, coa colaboración do Concello.

O venres 31 de outubro a partir das 16:30 horas haberá un taller de cabazas con “merenda terrorífica e troula” no local da ANPA, na praza.

 

 

E ao día seguinte, sábado 1 de novembro, será o Magosto no Centro Sociocultural Santa Lucía a partir das 19 horas. Haberá bolos preñados, auga/ viño/ refrescos, bicas e licores por 8 euros que custará a entrada. A venda anticipada será no Bar Santos, no Bar Acuarela e a través dos membros da ANPA.

Ese mesmo día, a partir das cinco da tarde e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, haberá un inchable instalado na praza do pobo.

 

 

Back to top button