SanidadeÚltima hora

A aplicación “Sergas Móbil” permite coñecer a cita para a vacinación da poboación entre 40 e 49 anos

 

Cita de vacinación a través da aplicación.

 

En tempos de vacinación a poboación está máis pendente que nunca do móbil xa que en calquera momento pode recibir un SMS do Sergas comunicándolle a cita para ser vacinad contra o Covid.

Ese sistema segue activo pero agora, o tramo de idade que está primeiro na cola -de 40 a 49 anos-, á espera de que conclúa o grupo de 50-59 anos para empezar a inocularse a vacina contra o Covid-19, pode coñecer a súa cita antes de que lle chegue esa mensaxe, xa que o Servizo Galego de Saúde xa a concreta en “Sergas Mobil”, a aplicación para os usuarios con tarxeta sanitaria galega á que se pode acceder co número de tarxeta sanitaria e que achega, entre outros datos, as citas médicas pendentes de calquera especialidade. E nese apartado é onde figura o día e a hora aos que un está citado para recibir a vacina.

 

 

Páxina de inicio da App “Sergas Móbil”.

Artigos relacionados

Back to top button