EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

“A arte da poda”, outro xeito de desfrutar do enoturismo no inverno

Esta actividade está promovida pola empresa valdeorresa Enoturismo Galicia ata o mes de marzo

 

Descubrir dun xeito ameno e interactivo o proceso da poda da vide. Con esa pretensión pon en marcha, un inverno máis, Enoturismo Galicia as súas xornadas “A arte da poda” nas denominacións de orixe ourensás ata primeiros de marzo. “É unha arte que queremos compartir, onde se pode aprender cómo esta actividade manuala dá, como resultado, o froito da vide coas características desexadas pola adega”, explican dende esta empresa valdeorresa.

A actividade será a pé de viñedo, onde se explicarán as características de cada variedade, xunto coa explicación da poda (que cortar, número de xemas que se deben deixar, etc.) e dos seus beneficios para a planta. Tamén se podará, xunto co técnico ou responsable da adega.

Despois farase unha visita á adega, para coñecer in situo os procesos de vinificación e catar os seus viños. A xornada, que está pensada para nenos e maiores, concluirá cunha degustación de produtos típicos, maridados cos viños da adega.

Para máis información:
http://www.enoturismogalicia.es/es/rutas/el-arte-de-la-poda-92

Foto: Enoturismo Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button