En portadaÚltima hora

A arte das valdeorresas Carina Rodríguez e Fina Crespo, na XIV Pasarela Española Fashion Week, en Madrid

As xoias de autor de Fina e as prendas artísticas de Carina presentadas, están inspiradas na súa terra

 

Na fin de semana do 7 e 8 de octubre o emblemático Casino Gran Vía de Madrid acollía a XIV Pasarela Española Fashion Week Madrid, unha edición na que a arte (en forma de xoias e prendas) feita en Valdeorras tivo un lugar especial.

 

 

Presentado pola modelo Susan Villa e o deseñador Steven Vázquez, no evento participaban 13 deseñadores entre os que destacaban Laura Márquez (xoias) e Petro Valverde e dúas valdeorresas cunha presentación conxunta: Fina Crespo (xoias de autor) e Carina Rodríguez (prendas artísticas), cuxa orixe abandeirou a súa proposta.

 

Marta Petrosyan @mptrosyam
Yolanda Morales @yoli.moralesh

 

Baixo o lema “A colleita” “cada quen recolle o que sementa” a colección de xoias de Fina Crespo contaba, “por un lado con sofisticadas pezas que combinando perlas, ouro e prata se entrelazan formado incríbles acios de uvas; e por outro, potentes colmillos de xabarín con tecidos, perlas e metais preciosos que debuxan pezas espectaculares que despertaban admiración”.

 

Gery Alarcon @grey.alarcon

 

Pola súa banda, a proposta de Carina “Somos arte vestimos arte” plasma en prendas de vestir a enerxía e cor da súa obra pictórica. Para a ocasión presentou “kimonos curtos, longos e americanas. Pezas pintadas a man e impresas, que xunto coas xoias, debuxaron unha proposta moi atrevida que espertou aplausos entre o público”.

 

Paula Delgado @pauladelgado_sz

 

Tanto para Fina como para Carina, ámbalas dúas veciñas da Rúa, esta foi “unha experiencia incrible, que dsfrutamos ao grande”, aseguran. Para ver as súas obras:
Instagram: carispowerart; Web: carispower.art

Instagram: finart21; Web: joyasconarte.com

Fotografía: José Luis Heredia

Artigos relacionados

Back to top button