En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A arte envolve as rúas de Portela de Portomourisco (Petín)

A exposición de arte ao aire libre pode visitarse esta fin de semana de 19:30 a 23 horas

 

Da man da Asociación A Rabiosa e coa colaboración do Concello, Portela de Portomourisco (Petín) convértese nesta fin de semana nunha sala de arte.

Dende hoxe e ata o domingo, máis de 60 obras (a maioría pintura pero tamén escultura) de artistas da contorna, forman parte dunha exposición ao aire libre, ao máis puro estilo de MARCO Petín, colocadas ao longo do entorno da rúa da Capilla.

 

 

A inauguración da mostra tiña lugar na tarde deste venres 28 de abril, da man de dous membros do IEV, o presidente Aurelio Blanco Trincado que falou sobre a historia da Portea e a súa tradición oleira ao tempo que reivindicou maior presenza da aldea nos medios; e o responsable da sección de arqueoloxía, José Rodríguez que falou do pasado romano da aldea.

De seguido o público, entre o que estaban as alcaldesas de Petín e Larouco, Raquel Bautista e Patricia Lamelas, comezaba o percorrido pola exposición na que participan sete artistas: algúns xa consagrados como Carina e Alva (Lito) da Rúa; Jesús Díaz Ferrer e Xelo de Tremiñá do Barco; e Chus G. Penín; e dous afeccionados da propia Portela, José Fernández e Mª José Landeira.

 

 

O horario para visitar a exposición é de 19:30 a 23 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button