A moda e a arte volven compartir escaparate en Miranda Moda (O Barco) da man de MirArte que nesta ocasión presenta unha selección de pinturas de Chere coa colección ‘Curvas’ e Pablo Framiñan.
Chere regresa con modelos que “cada vez se parecen máis a nós, coas nosas imperfeccións, cos nosos quilos de máis, coas nosas curvas perfectamente torneadas. Modelos de tallas grandes XXL que cada día ocupan un lugar máis importante na moda. Un reaxuste nos cánones da beleza e na aceptación dos corpos”, explican dende MirArte, engadindo que Chere presenta tamén os seus ‘Jarrondelos’ feitos a base de restos de cerámica.
Pola súa banda, o novísimo Pablo Framiñan mostra a súa particular visión da primavera, do espertar na xuventude, do que se atopa ao abrir o frasco das esencias, o frasco das emocións. “Mentres busca o seu camiño na arte, expón aquí un canto á vida e á felicidade”, din dende MirArte.
Fotos cedidas.