CulturaCulturaÚltima hora

A artista valdeorresa Reme Remedios expón na Galería de Arte Dodo Dadá, en Ourense

"3 Paradas e unha porta (que é un milagre)" poderá verse ata o 18 de maio

 

Dende o 27 de marzo e ata o 18 de maio, a Galería de Arte Dodo Dadá de Ourense acolle unha exposición da artista valdeorresa Reme Remedios.

3 Paradas e unha porta (que é un milagre) é unha mostra de debuxos, pintura, colaxes e obra téxtil; “un convite para trazar un percorrido non lineal para tres paradas de contemplación e a chegada a unha porta que é un milagre”.

 

A artista Reme Remedios xunto a Marita Carmona e Xosé Vilamoure coodirecotres de Dodo Dadá.

 

O relato irao descubrindo cada espectador dentro de si mesmo e activarao en relación ás obras expostas “creando unha narrativa que se irá desvelando para cada persoa a través da súa propia entrega e apertura en relación ás obras que forman parte da exposición”, explica a artita, destacando que “a idea de que a arte pode ser unha ferramenta de transformación está arraigada na noción de que o proceso creador non só involucra ao artista, senón tamén ao espectador, e transcéndeos a ambos”.

Cada imaxe, cor, forma ou textura podería simbolizar diferentes aspectos da condición humana ou arquetipos universais que avivan nosa propia procura de significado. Así, “a través da contemplación, como se propón na exposición, podemos mergullarnos na riqueza simbólica destas imaxes e poñelas en dialogo co imaxinario individual e colectivo, para atopar pistas que nos orienten no noso percorrido vital e espiritual”.

 

 

A metáfora de Porta como un Milagre “resalta a invitación para vivir a arte como un limiar cara ao sutil, un portal que nos transporta a dimensións máis aló do obvio. Que cada paso sexa cara á sabedoría, a compaixón e a luz”, asegura Reme Remedios.

O horario de visitas é: martes de 18 a 21 horas; de mércores a venres de 11 a 14 e de 18 a 21 horas; e sábados de 11 a 14 horas.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button