ConcellosLaroucoPetínÚltima hora

A Asociación A Rabiosa organiza a II Festa do Caldo da Portela para o 3 de febreiro

I Festa do Caldo da Portela./ Foto cedida.

 

En pleno Entroido e co acompañamento do Folión Os Arrieiros de Petín, celebrarase o vindeiro 3 de febreiro a II Festa do Caldo da Portela (Petín-Larouco).

Será a partir das 14 horas na praza da festa cun menú a base de caldo a esgalla, carne do caldo, torta de roxóns, viño, auga, café de pota e licores.

Organizada pola Asociación A Rabiosa, que anima á xente a acudir disfrazada, as entradas da festa (15 euros) estarán á venda ata o 30 de xaneiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button