A Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco) celebra o Nadal con teatro
22 de Decembro de 2018
As antigas escolas desta localidade acollerán unha dobre sesión na tarde do 26 de decembro a cargo do Grupo de Teatro Candea de Viana do BoloO Grupo de Teatro Candea de Viana, que acutará en Vilanova, durante unha representación./ Foto: Carlos G. Hervella.
Neste Nadal a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco) organizará unha dobre sesión de teatro con motivo destas datas. Propón celebralas cun sorriso xa que a partires das 17:30h. do 26 de decembro as antigas escolas de Vilanova (local climatizado) converteranse en escenario de dúas comedias a cargo do Grupo de Teatro Candea de Viana do Bolo (formado por sete integrantes): “O diñeiro bo compañeiro” en galego e “Los Vilachá” en castelán.
Dende a Asociación Cultural O Mosteiro a súa presidenta, Ángeles Pérez, convidan a asistir a esta representación, que terá entrada libre, e que rematará cunha chocolatada con churros para todos os asistentes.
Imaxe do cartel das dúas obras de teatro que o Grupo de Teatro Candea porá en escena en Vilanova o vindeiro 26 de decembro.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.