EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación Cultural Sabugueiro (A Rúa Vella) anuncia o aprazamento da Festa da Empanada de Costrelas

Asistentes á Festa da Empanada de Costrelas celebrada en decembro de 2019, antes da pandemia. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que houbo varios cambios, de ubicación e mesmo de data, dende hai xa máis de dez anos a Festa da Empanada de Costrelas da Rúa Vella converteuse nun referente gastronómico no mes de decembro, cun menú a base de sopas de allo, empanada de costelas e torta de roxóns.

Da man da Asociación Cultural Sabugueiro, o 28 de decembro de 2019 celebrábase a XVIII edición, a máis numerosa ata o momento cunhas 400 persoas na carpa instalada no campo de San Roque. Un ano despois chegaba a pandemia de coronavirus e como tantas outras citas gastronómicas tiña que ser suspendida.

E xa neste 2021, coa situación sanitaria máis controlada, e unha alta porcentaxe de poboación vacinada, parecía que podería retomarse a festa, pero o aumento de casos dos últimos días obrigaba á asociación a tomar outra decisión, informando a través das redes sociais de que este ano a festa non se vai celebrar nas datas habituais. “Debido ao empeoramento da situación epidiemolóxica decidimos aprazala”, din, asegurando que comunicarán a nova data “cando a situación mellore, para que poidamos celebrala e reunirnos sen medo e con seguridade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button