ConcellosO BarcoÚltima hora

A Asociación de Autoescolas de Ourense celebra no Barco a festa do seu patrón

O programa comezaba cunha visita guiada á adega Godeval en Xagoaza

 

O Barco de Valdeorras é o concello elixido pola Asociación de Autoescolas de Ourense para celebrar a súa festa neste 2024, con visitas guiadas, xantar e sorteo de agasallos.

Con saída dende o Parque de San Lázaro, en Ourense, a primeira parada para os participantes é a visita a Godeval, cun percorrido pola Casa señoral do Mosteiro de Xagoaza e a adega subterránea ‘Cova dos Monxes’ da man da responsable da adega e presidenta de AEVA, Araceli Fernández.

 

 

En torno ás 14 horas terá lugar a recepción dos asistentes no Hotel Pazo do Castro e media hora más tarde terá lugar o xantar con sorteo de agasallos donados por patrocinadores, homenaxe aos compañeiros xubilados e baile.

Entre os asistentes á celebración está a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Novoa.

 

 

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button