EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque organizará unha festa en Quiroga o 13 de maio

 

Co obxectivo de agradecer o apoio de todos os veciños durante os tres anos que leva en marcha, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel vén de anunciar que organizará unha festa.

A primeira celebración organizada polos comerciantes, que conta coa colaboración do Concello de Quiroga, terá lugar o sábado 13 de maio na praza de España de Quiroga a partir das seis da tarde. Entre outra propostas, incluirá actividades para toda a familia, con pintacaras e cata de aromas para os máis pequenos e tamén cata de aromas e de viños para os maiores.

Tampouco faltará a comida nin a música. Haberá pancetada e biscoito para todos e música da que se encargarán Julio Ferrín e o DJ Michel.

 

Artigos relacionados

Back to top button