OurenseÚltima hora

A asociación de mascotas ourensás APMOU promove unha interesante charla sobre benestar animal

A formación tiña lugar no concello de Barbadás

 

Na tarde do mércores 22 de xaneiro tiña lugar no concello de Barbadás unha charla informativa, promovida por APMOU(Asociación Cultural e Deportiva de Propietarios de Mascotas de Ourense), dirixida a forzas da orde, Protección Civil, veterinarios e membros da Administración “que ven involucrados todos os días en dar resposta aos requirimentos e dúbidas dos cidadáns”.

A charla foi impartida pola fiscal de Medio Ambiente Carmen Eiró e a avogada Aline Castro, “ambas moi implicadas e sensibilizadas co mundo animal, trataron a aplicación da nova lei de benestar animal no día a día”, indican dende Apmou indicando que “sería un gran progreso que outros concellos se sumaran á formación para conseguir unha convivencia máis respectuosa”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button