Como cada ano máis dende hai xa 40 o martes 31 de outubro a Asociación de Veciños Fontei, no concello da Rúa, celebraba no agro da Igrexa N.S. de Fátima, o tradicional magosto nunha agradable noite chea de convivencia veciñal.
Como sempre, a participación foi alta na víspera de Todos os Santos, consumindo os deliciosos bullotes asados en presencia dos asistentes, nas brasas deixadas pola enorme fogueira que preparaban coas vides secas ademais de bicas que cada ano endozan esta animada xuntanza veciñal, regada con viños e licores caseiros.
Fotos cedidas.