A MezquitaConcellosÚltima horaVídeos

A Asociación Os Tres Reinos da Mezquita conmemora con 2 vídeos o 25N

 

No marco do Día contra a Violencia de Xénero, dende a Asociación Os Tres Reinos da Mezquita, veñen de realizarse dous vídeos cos usuarios/as da entidade. Por unha banda, os nenos/as de extraescolares e por outra banda, as mulleres do Programa de atención xeral á poboación maior, da Mezquita, A Vilavella, O Pereiro, A Esculqueira, Chaguazoso, Manzalvos e Castromil. “A idea, ademais de crear conciencia social, é de darlle a oportunidade aos colectivos diana de poder expresar, reivindicar e loitar polos dereitos das mulleres”, explican dende a asociación.

O vídeo “O meu nome”, das mulleres do Programa de atención xeral á poboación maior está inspirado no vídeo e iniciativa de Clara Chacón titulado “Mi nombre”.

Así mesmo a asociación lembra que leva “15 anos traballando a prol de colectivos en situación de exclusión social, tanto por razóns de territorio, sexo, etnia ou grupo social. O obxecto é loitar pola igualdade de oportunidades, a non discriminación e a supresión de barreiras e en todo caso, traballar polo benestar dos seus usuarios e usuarias”.

 

Artigos relacionados

Back to top button