Unha saída de vía provocada pola presencia de xeo na calzada derivaba nun espectacular accidente de tráfico con polo menos quince vehículos involucrados na Mezquita, na tarde do xoves 13 de marzo, tal e como explican dende o 113 Galicia que recibía o aviso pouco despois das 18:30 horas.
O alertador indicaba que “un turismo acabara batendo contra a mediana, no quilómetro 113 da A-52, na saída do túnel da Canda. Porén, noutra chamada, informouse de que xa eran tres coches implicados no accidente, a causa da neve”, din desde a Sala de Operacións do 112 Galicia que informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES da Gudiña e á Garda Civil de Tráfico.
“Os axentes da Garda Civil indicaron que finalmente houbo, polo menos, uns quince vehículos implicados, o que provocou un corte parcial da circulación pola vía. As urxencias sanitarias confirmaron un único ferido, o cal foi trasladado ata o Hospital de Verín”, conclúen dende o 112.
Fotos cedidas.