CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Asociación Sabugueiro busca talentos para unha nova edición do ‘Got Talent’ nas festas da Rúa Vella

Un momento da actuación de ABBA o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis e logo da gran acollida das anteriores edicións a Asociación Sabugueiro pon en marcha o III “Got Talent”, un concurso de talentos dirixido a todos os públicos para as festas de San Roque, na Rúa Vella.

Para participar, todo aquel que teña algún talento e queira, ten que enviar ao 699 444 462 e antes do 10 de agosto, un vídeo de 1 minuto de duración como máximo no que demostre todo o seu arte. Os seleccionados actuarán o venres 16 de agosto no Campo de San Roque, no marco das festas. Nesta ocación haberá tres premios por categoría. Na infantil (-16 anos), 1º premio de 100 euros (vale negocio local), 2º premio de 50 euros (vale negocio local) e 3º premio camiseta da asociación; e na adulto (+ 16 anos), 1º premio de 300 euros, 2º de 150 e 3º de 75 euros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button