
Tralo éxito da edición prepandemia en xuño de 2019, que reunía a máis de 200 persoas, e tras dous anos de parón, a Asociación Sabugueiro da Rúa Vella recupera a Paellla Popular para celebrar a Noite de San Xoán, no campo de San Roque.
Será o xoves 23 de xuño a partir das 21:30 horas cun menú que inclúe paella, postre, viño, café e chupitos (13 euros), ademais do “Gran Fin de Festa” a cargo de Disco Show Danzalia.
Nesta actividade tamén colabora o Concello da Rúa e as entradas poden mercarse en Fisioval, A Cervecería, Peluquería Esencia, O Colmado, San Roque, Bar A Plaza, Artesanos Peyma, O Café e Mapfre.