Na xornada deste sábado 1 de xuño o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, clausuraba as xornadas “Os Camiños de Santiago en Galicia. O seu coñecemento e divulgación”, organizadas pola Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (Fegac), e nas que destacou os distintos roteiros como elementos dinamizadores da economía ligados á cultura e ao turismo.
Villares felicitou aos organizadores e expresou a vontade colaboradora da Xunta, pois este tipo de iniciativas contribúen a impulsar o territorio e poñen en valor o enorme potencial que ten Galicia, onde o mar é un recurso claramente vertebrador e constitúe un sinal de identidade cultural e turístico.
As xornadas á que asistía, entre otros, a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias, contou con distintas actividades. É o caso da proxección do documental Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas, de Aser Álvarez; o concerto da Banda de Música Pascual Veiga; unha ruta pola variante do Camiño Norte; ou os encontros con outros colectivos e institucións xacobeas.