En portadaPolíticaÚltima hora

A atleta valdeorresa Eva Arias, candidata polo PSOE á alcaldía de Ávila

Eva Arias Aira, durante o Congreso do PSOE de Castela e León.

 

Por vez primeira a atleta Eva Arias Aira, natural de San Miguel de Outeiro (Vilamartín de Valdeorras), encabezará unha lista nunhas eleccións locais. Será a candidata do PSOE á alcaldía de Ávila nas municipais do vindeiro 28 de maio de 2023, tal e como confirma a valdeorresa.

Esta atleta, que xa foi edil en Vilamartín, o seu municipio de orixe; é nestes momentos concelleira e portavoz da área de Turismo, Industria, Emprego e Comercio da cidade de Ávila. Agora Arias dá un novo paso e asume con ilusión o reto de liderar a candidatura á alcaldía abulense, onde ata agora nunca gobernou o partido socialista.

Eva Arias, que aínda segue en activo como atleta, comezaba a practicar este deporte no Club Adas. A partir de aí iniciaba unha destacada traxectoria deportiva con títulos como o de campioa promesa 1.500 m ao aire libre no 2002 ou campioa de España absoluta de 3.000 obstáculos no 2009, sendo ademais internacional en citas como o Campionato do Mundo de Berlín no 2009 ou no europeo deo Gotemburgo no 2006.

Fotos cedidas.

 

A atleta valdeorresa Eva Arias, concelleira socialista en Ávila, durante unha rolda de prensa.

Artigos relacionados

Back to top button