PolíticaÚltima hora

Álvaro Vila Araújo entrega os avais para concorrer ao proceso de secretario provincial do PSdeG-PSOE

 

Na xornada deste venres 11 de abril, Álvaro Vila Araújo (alcalde de Taboadela) facía entrega de 445 avais para concorrer ao proceso de secretario provincial do partido Socialista.

Álvaro Vila quere “destacar e agradecer o amplo respaldo obtivo pola militancia; considera que éste proceso de participación e democracia interna non fai máis que fortalecer o partido, que tras o resultado final, se vai garantir que o conxunto da provincia se vexa reflexado na executiva provincial e na toma de decisións”.

As diferentes estruturas do partido, ven sexan locais, provinciais, nacionais ou estatais, “teñen que traballar nun proxecto común, cada unha exercendo as súas competencias para chegar con mais eficiencia a cidadanía e así conseguir os mellores resultados nos distintos procesos electorais”, dixo Vila.

Artigos relacionados

Back to top button