Un total de 45 atletas galegos (26 mulleres e 19 homes) tomarán parte nunha nova edición correspondente ao Campionato de España Sub23 que durante os días 1 e 2 de xullo se celebrará na cidade de Tarragona.
Dentro desa relación está a valdeorresa Inés Docampo Gamarra (Adas Cupa do Barco), recente campioa galega nos 1.500 m. Tamén participarán neste nacional outras dúas atletas do Adas: María Cedrón, subcampioa de España en pista cuberta, na mesma carreira dos 1.500 e Sara López nos 5.000 m.