OurenseÚltima hora

A Aula da Natureza de Ourense e as bibliotecas municipais abrirán en Semana Santa para conciliar vida familiar e laboral

As actividades dos Centros Cívicos, dirixidas a nenos desde os 4 anos, completan a oferta municipal
Presentación da programación.

As bibliotecas municipais e a Aula de Natureza de Oira acollerán actividades para escolares durante as vacacións de Semana Santa para conciliar a vida familiar e laboral das familias ourensás. A concelleira de Educación, Belén Iglesias, presentou unha programación que responde a un triple obxectivo: “axudar á conciliación, ofertarlles aos nenos e ás nenas actividades nas que teñan a oportunidade de aprender xogando, e contribuír á súa socialización”.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas desde os 4 até os 11 anos e as familias poden inscribirse  na Concellería de Educación (Praza de San Martiño, 2), nas diferentes bibliotecas municipais (San Francisco, A Carballeira e A Ponte), no punto de lectura do Couto e na Aula da Natureza do Río Miño, en Oira.

Ademais, os Centros Cívicos dependentes da Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense (Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo) cambian o seu horario para os vindeiros 26, 27 e 28 de marzo, e 2 de abril, coa fin de axudar a que nais e pais poidan conciliar a vida laboral e familiar. As actividades pasan do horario de tarde ao de mañá e amplíanse dúas horas: de 9 a 13:30 horas.

Todas as nenas e nenos que estean anotados nas actividades durante o curso poden asistir sen facer outra inscrición. As novas inscricións deberán facerse nos propios centros cívicos e a través da páxina web www.ssociaiscursos.com.

Artigos relacionados

Back to top button