El Pony Pisador, unha das bandas de folk máis recoñecidas da escena musical catalana, ofrecerá un concerto na Sala Auriense de Ourense este domingo 23 de marzo ás 20 horas. É unha das tres paradas na súa xira galega, que os levará tamén a Mos e a Lugo.
El Pony Pisador é unha banda formada por Guillem Codern (banjo), Ramón Anglada (guitarra), Miquel Pérez (violín), Martí Selgas (frautas) e Adrià Vila (mandolina). Os cinco músicos procedentes de Barcelona, que combinan músicas tradicionais recollidas en todos os recunchos do mundo, veñen de espallala por grandes festivais internacionais de Estados Unidos, Australia, Vietnam ou Alemaña.
Con máis de 200 concertos repartidos por todo o globo, o percorrido dos cataláns fai unha parada en Galicia para ofrecer un concerto na sala Rebullón de Mos (Vigo), canda O Sonoro Maxín, o vindeiro 22 de marzo. Ademais, tamén darán outros dous concertos no Club Clavicémbalo de Lugo (21/03) e na Sala Rebullón de Mos (22/03). Trátase dunha oportunidade única para o público galego, que poderá desfrutar dun gran virtuosismo musical, que se alía co humor característico dos mundos de JRR Tolkien e Monty Python e a harmonía vocal conxunta dos cinco membros da banda.
Ocells é o cuarto álbum de El Pony Pisador, un traballo que consolida a madurez artística da banda, con 11 temas que capturan a diversidade da música tradicioinal catalá, con novos sons, temas que van discurren por narrativas medievais, humorísticas e mesmo contos infantís. A banda mediterránea propón unha experiencia que cativa tanto ao público xeral como aos expertos en folk, incorporando novos instrumentos que aprenderon a tocar para o disco, como o acordeón, a gaita e o cavaquinho.