CulturaMúsicaÚltima hora

A banda de gaitas verinesa Nova Era cumpre cinco anos

A agrupación subíase por primeira vez a un escenario na Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei, no ano 2015

A banda de gaitas Nova Era cumpre cinco anos de actividade. A agrupación verinesa subíase por primeira vez ao escenario da Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei, no ano 2015. Quixeron celebrar este aniversario cun vídeo en redes sociais.

 

 

Esta agrupación está formada por máis de 45 músicos, cun repertorio que vai dende a muiñeira galega ao swing americano. Ademais, caracterízanse pola combinación de tres seccións diferenciadas: a sección de gaitas galegas afinadas en Si bemol; a sección de percusión, e a sección orquestral.

 

 

Nestes anos de actividade actuaron en festivais internacionais de República Checa, Francia, Portugal e España. Así, tamén gravaron e publicaron o seu primeiro traballo discográfico, “Rumbo NE”, que saiu á luz o pasado Nadal.

 

Artigos relacionados

Back to top button