“Rock sureño dende Reino Unido”. Así se presenta a banda inglesa Teh Fargo Railroad Co., que dará un concerto o vindeiro 8 de marzo ás 21h. no Café Teatro Bajo do Barco. Este grupo, orixinario de Sheffield, nacía no ano 2013 e está formado por catro músicos. Despregan un repertorio de cancións alternativo e destacan polo seu directo.
Visitaban por vez primeira España en febreiro de 2020, onde ofrecían un total de 12 concertos. Agora comezan unha nova xira para achegar por diferentes partes da xeografía o seu rock “forxado e afiado en Sheffield”.