CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A banda madrileña Sôber será un dos pratos fortes do SilFest Valdeorras 2024

O festival a carón do río celebrará a 8ª edición os días 18, 19 e 20 de xullo no Barco

A banda madrileña Sôber.

 

O SilFest Valdeorras faise maior e consolídase como alternativa estival aos grandes festivais con artistas emerxentes e tamén grandes bandas “sen aglomeracións, cun bo Godello na man e gozando do bo ambiente que sempre se xera a beiras do Sil”, din dende a organización, adiantando que coma sempre haberá catas e talleres tendo a posibilidade de navegar o río Sil en kaiak ou gozar cos máis pequenos na completa programación do MiniSilFest.

De momento os tres adiantos musicais do cartel “xa nos deixan claro que esta oitava edición será memorable”, O que será sen dúbida un dos pratos fortes, a xira XXX aniversario de Sôber fará parada en Valdeorras. A banda de rock madrileña traerá o seu espectáculo a beiras do Sil, acompañada de Zume e Skizoo, as dúas bandas creadas a partir da primeira no seu parón de 2005 a 2009. “Un novo xiro na programación musical do festival que segue apostando pola variedade de estilos no seu line up”, apuntan dende o festival.

Carlos Ares, un dos artistas que máis dará que falar este 2024, chegará por primeira vez a Valdeorras para presentar o seu primeiro traballo: Peregrino. E os valencianos La Habitación Roja regresan ao Barco para repasar todos os himnos da súa carreira e mostrarnos as súas novas cancións no que será o seu único concerto en Galicia este verán.

Artigos relacionados

Back to top button