CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A banda valdeorresa El Patio de Leni actuará este sábado no Baranda (O Barco)

El Patio de Leni./ Foto: Facebook da banda.

 

Corría o ano 2010 cando, a iniciativa dun grupo de xoves da vila, nacía no Barco de Valdeorras a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, AMAVA, un espazo “único onde poder desenvolver as súas inquedanzas musicais sen molestar, un espazo onde sentirse libres para poder crear”, en palabras do actual presidente Ramón Teira.

Desa asociación xurdiron diversos grupos como Placeres Solitarios, Trasnochando, Navegando a Barlovento e  actualmente Mrs. Fine o El Patio de Leni. E precisamente este último ten previstas varias actuacións nos vindeiros meses. Forma parte do cartel do SilFest Valdeorras que se celebrará do 18 ao 21 de xullo á beira do Sil, no Barco e neste mes de xuño, o sábado día 8 actuará no Baranda, tamén no Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button