DeportesÚltima hora

A barquense Belén García, segunda no ranking Sub18 de España nos 400 valados

A Federación Galega de Atletismo vén de publicar a listaxe dos mellores atletas galegos no ranking español 2020

Belén García, tras a súa participación no Campionato de España Sub18 en outubro./ Foto: Club Adas.

 

Entre os 33 atletas galegos (25 mulleres e 8 homes) que ocupan as tres primeiras posicións do ranking de España de aire libre nas categorías comprendidas entre os Sub14 e a categoría absoluta está a valdeorresa Belén García (Club Adas do Barco). En concreto é a segunda na categoría Sub18 nos 400 valados cunha marca de 1:01.54.

“Nesta relación compre salientar a ampla e destacada presenza do atletismo feminino que se fai presente nun 75,7% do total, o que amosa o importante peso a nivel nacional en relacion aós homes, que ocadan as atletas galegas en todas e cada unha das categorías”, tal e como destaca a Federacióin Galega de Atletismo (FGA), que vén de facer pública a listaxe.

Dentro do ranking de España destaca tamén o primeiro posto en martelo Sub16 de Blanca Pereira do Ourense Atletismo, cunha marca de 53.19.

Así a todo, “na relación bótanse en falta moitas das e dos máis importantes e internacionais atletas galegas do momento que por mor das circunstancias acontecidas neste ano, optaron por apenas competir ca intención de preparar a gran cita olimpica que acontecerá no 2021”, conclúen dende a FGA.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button