DeportesÚltima hora

A barquense Belén García, subcampiona de España Sub16 nos 300 m valados

A atleta Belén García, durante unha competición./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cunha prata regresará de Castellón a barquense Belén García Arias (Club Adas). Esta atleta competía no XVII Campionato de España Sub16, que se está a desenvolver Castellón nesta fin de semana. A valdeorresa partía coa mellor marca do ranking nacional na proba dos 300 valados e malia que loitaba polo ouro, na final, disputada na mañá do 1 de xullo, víase superada por Salma C. Paralleullo (Simply Scorpio), que contaba co segundo mellor rexistro español nesta categoría e proba.

Aínda así Belén García facíase así cun meritorio subcampionato de España, rematando a proba cunha de marca de 43.88. Parabéns!

Artigos relacionados

Back to top button