A burriña recollida hai uns días na estrada OU-533 á altura de Seadur (Larouco) está finalmente nun bo lugar de acollida. Tal como explican dende o Concello de Petín, durante estes días “estivo a resgardo e moi ben atendida por Julio e a súa familia” aos que dan as grazas pola súa axuda, indicando que “o/a dono/a non apareceu polo que despois de dar parte a Seprona, decidimos como era lóxico, levala a algún lugar onde se puidesen ocupar dela, e mantela en perfectas condicións”.
Así pois neste momento xa se atopa na Granxa Escola de Lentellais (O Bolo), xunto a outros moitos animais. Aos responsables do lugar “tamén agradecemos a súa colaboración”, din dende o Concello.
Fotos: Facebook Concello de Petín.



