PolíticaÚltima hora

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, reúnese en Viana con representantes do sector primario

Noa Presas, na reunión con representantes do sector primario en Viana do Bolo.

Ata Viana do Bolo se desprazaba neste 9 de marzo a cabeza de lista do BNG por Ourense ás eleccións ao Parlamento galego, Noa Presas. Alí, acompañada polo alcalde da vila, Secundino Fernández, mantiña un encontro con representantes do sector primario.

Na xuntanza abordábase a necesidade dun nivel renda adecuado para os agricultores e gandeiros, de que se obteñan prezos xustos e se beneficien de servizos que lles permitan vivir dignamente. “Hai que apoiar políticas de impulso económico e garantir servizos públicos en todas as comarcas para poder fixar poboación, ao contrario do que aconteceu na última década de goberno do PP”, sinalaba Presas.

E indicía en que “para o BNG o medio rural é un sector estratéxico e chave no desenvolvemento económico e ten que vir acompañado de actuacións públicas non sectoriais que garantan servizos de calidade aos habitantes das zonas rurais, como pode ser a educación, a sanidade, servizos sociais, transporte…”. Neste encontro Noa Presas recollía as demandas do sector apícola, ovino, cárnico, lácteo e da castaña, así emitiu as propostas da súa organización neste eido.

Durante o percorrido polo Concello de Viana do Bolo, no que a candidata tamén estivo acompañada por membros da Corporación, visitaron unha explotación e o museo da artista e gandeira, Nieves Fernández, ademais de varios negocios da vila.

Artigos relacionados

Back to top button