ConcellosO BarcoÚltima hora

A campaña de San Valentín do Barco CCA xa ten ganadores

As afortunadas no sorteo eran Laura Alfonso, por unha compra en Librería Murciego, e Emilia Pato, por unha compra en Eneska Moda

 

A campaña de San Valentín da Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco xa ten ganadores. Onte procedíase a realizar o sorteo da mesma, resultando gañadoras as valdeorresas Laura Alfonso, por unha compra en Librería Murciego, e Emilia Pato, por unha compra en Eneska Moda.

Ambas foron premiadas cun vale de compra de 150€ para investir no comercio de proximidade asociado ao CCA O Barco.

“A campaña de San Valentín resultou un éxito de participación tanto no photocall, ao que se achegou un gran número de persoas en parella ou en grupo para facerse unha foto e levarlla impresa á súa casa, como na urna na que os clientes depositaron os seus tickets de compra para o sorteo de vales”, tal e como sinalan dende O Barco CCA.

Artigos relacionados

Back to top button