SanidadeÚltima hora

A campaña de vacinación arranca o martes 13 de outubro

Na Rúa, a vacinación levarase a cabo nas dependencias da Casa da Cultura

 

Xa está en marcha a campaña de vacinación fronte a gripe. Tal como explican dende a Consellería de Sanidade, para os  traballadores sanitarios a campaña comenzou o pasado luns e para o resto dos galegos  comezará o martes que vén, 13 de outubro, prolongándose durante 11 semanas de xeito continuado ata o vindeiro 31 de decembro. Durante este  tempo a vacina estará dispoñible en 181 puntos de vacinación públicos e privados da provincia de Ourense: centros de  saúde, hospitais, consultorios e centros médicos, residencias da 3ª Idade e centros de menores.

Sanidade establece como obxectivos da campaña a vacinación igual ou superior ao 75% tanto da  poboación de 65 e máis anos como dos traballadores sanitarios do Sergas, mentres que nas mulleres embarazadas e persoas con risco o obxectivo se sitúa en superar unha cobertura do 60%.

A poboación diana da campaña á que se lle oferta gratuitamente a vacina son: as persoas de 60 ou máis anos, especialmente os de 65 ou máis anos ou as que convivan en institucións pechadas; as persoas de menos de 60 anos que teñen un risco de complicacións derivadas da gripe; e mulleres embarazadas ou ata os 6 meses seguintes ao parto, de non terse vacinado no embarazo. Ademais ofértase as persoas que lles poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións, como o persoal de centros sanitarios públicos e privados, traballadores de centros de maiores e dos servizos municipais de atención a domicilio ou estudantes nos períodos de prácticas en centros sanitarios, entre outros.   

Tamén se lles recomenda a vacinación fronte a gripe aos traballadores esenciais para a comunidade e aqueles que están expostos a aves ou cerdos nas explotacións avícolas, porcinas e aves silvestres.

Vacinación na Rúa

Ante a falta de espazo no vello Centro de Saúde da Rúa, incrementado polas medidas anticovid, este ano a campaña de vacinación que comezará o vindeiro día 13 de outubro, realizarase nunha dependencia da Casa da Cultura, ubicada a carón do centro sanitario. A idea partíu dos propios sanitarios para evitar que se mesture a xente na sala de espera do ambulatorio, co beneplácito do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button