EconomíaEconomíaÚltima hora

A campaña “Días azuis do comercio galego” xa ten ganadores en Valdeorras

A segunda edición da campaña “Días azuis do comercio galego”, que se celebraba do 7 ao 21 de maio, xa ten ganadores. O sorte ante notario dos premios tiña lugar o 25 de maio e os seus nomes veñen de facerse públicos na tarde do 31 de maio.

Así, no caso dos establecementos asociados tanto do CCA (Centro Comercial Aberto) como de AEVA (Asociación Empresarial de Valdeorras), os premiados foron os seguintes:

Premio de 300 €:
–  Ángela Cardoso Alves, de O Barco de Valdeorras, por unha compra realizada en Perfumería e Pinturas Damas-Escuredo, (O Barco de Valdeorras).

Premios de 150€:
– Anabel Martín Moldes, de Rubiá, pola compra realizada na Librería Teresita (Rubiá)
– Alicia Alonso López, de O Barco de Valdeorras, por unha compra realizada en Garoba (O Barco de Valdeorras)
– María Esther García Álvarez, de A Rúa, pola compra realizada en Fíos (A Rúa)

A entrega dos premios terá lugar nun acto en Santiago de Compostela, o venres 22 de xuño. Esta campaña ten sido organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button