PolíticaÚltima hora

A campaña do BNG de recollida de sinaturas contra a suba da luz, na Rúa

 

Continúa a campaña de recollida de sinaturas do BNG “fronte ao espolio eléctrico” e na defensa dunha tarifa eléctrica galega na comarca de Valdeorras. Esta iniciativa retomábase nesta semana no Barco e neste 24 de setembro recalaba na praza do Concello da Rúa.

Nesta acto participaba a deputada valdeorresa no Parlamento galego, María G. Albert, acompañada polo responsable comarcal do BNG en Valdeorras, Roberto Quiroga, e polo concelleiro rues Avelino Fernández. Dende o BNG valórase de maneira moi positiva a resposta cidadá a esta recollida de sinaturas, que mañá sábado continuará na praza do Concello de Larouco.

 

Artigos relacionados

Back to top button