EconomíaEconomíaÚltima hora

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio” repartirá 9.000 euros en 9 vilas da provincia

Ponse en marcha unha nova edición da campaña “Mercar no teu comercio ten premio” na provincia de Ourense na que se repartirán 9.000 euros en premios entre as 9 vilas ourensáns participantes neste 2023. Esta iniciativa presentábase esta mañá en Ourense nun acto que contaba coa presenza de Beatriz Gómez Valcarcel, presidenta da Federación de Comercio de Ourense; e de Gabriel Gómez Alén, delegado en Ourense da Xunta de Galicia; e de Mateo Alonso, Coordinador Institucional de Abanca.

“Mercar no teu comercio ten premio” é unha campaña de dinamización do comercio de proximidade posta en marcha pola Federación Gallega de Comercio e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación de Comercio de Ourense, de Abanca e coas colaboración das asociacións de comercio e concellos das 9 localidades participantes: O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Xinzo de Limia, Ribadavia, Verín, O Carballiño, Allariz, Castro Caldelas e Maceda.

 

 

A campaña terá unha duración de 1 semana en cada poboación, na que os tíckets das compras no pequeno comercio serán canxeados por participacións nun sorteo en directo en cada vila.

Nesta iniciativa resulta moi fácil participar. “Se compras durante a semana correspondente no pequeno comercio da túa vila, gardas os tíckets e os levas o día do sorteo da túa vila para canxealos por participacións, poderás gañar tarxetas de Abanca de 300€ ou 100€ (en cada localidade haberá 2 grandes premios de 300 euros e 4 de 100 euros).

Os lugares e as datas da campaña na provincia son as seguintes:

 

 

Artigos relacionados

Back to top button